Xornada 'Do sexting ao acoso e abuso sexual baseado nas imaxes entre adolescentes: novos riscos online'
Data de celebración:
7 de outubro de 2024 ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Grupo Saúde e Sexualidade e XéneroLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde.Modalidade
PresencialNa sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro
Asisten: Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo, e Yolanda Rodríguez e Rosana Martínez, organizadoras da xornada
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle a celebración da xornada Do sexting ao acoso e abuso sexual baseado nas imaxes entre adolescentes: novos riscos online. A actividade está organizada desde o grupo Saúde, Sexualidade e Xénero da UVigo por Yolanda Rodríguez e Rosana Martínez, con apoio da citada facultade e a Unidade de Igualdade. Pretende concienciar sobre o risco das conductas de acoso e abuso do material sexual autoproducido e difundido por adolescentes a través das practicas de sexting.