Xornada 'Verdadeira corresponsabilidade? Os dereitos de conciliación da vida laboral e familiar despois da reforma de 2019'
Data de celebración:
1 de outubro de 2020 ás 17:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
VirtualA través de Campus Remoto
Co obxectivo de analizar as novas regulacións da conciliación da vida laboral e familiar, dende unha perspectiva laboral e de Seguridade Social, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acollerá os días 1 e 2 de outubro a xornada en liña Verdadeira corresponsabilidade? Os dereitos de conciliación da vida laboral e familiar despois da reforma de 2019.
Nas sesións, que se celebrarán a través do Campus Remoto da UVigo, as poñentes analizarán se a nova normativa veu mellorar os aspectos máis problemáticos arredor da conciliación, abordando, por unha banda, a discriminación no acceso o emprego e nas condicións de traballo, tanto dende unha perspectiva de dereito individual coma colectivo, e por outra, estudando as diferentes prestacións de Seguridade Social e de protección social. Así mesmo, nas sesións, dirixidas polas docentes e investigadoras da UVigo Enma Rodríguez e Nora Martínez, achegarase ás persoas participantes unha perspectiva máis próxima sobre os problemas de conciliación no ámbito das relacións laborais en Galicia.