Xornadas 'Actividade física e fraxilidade'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

28 de setembro de 2018 ás 9:30

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Rede Galega de Investigación en Fraxilidade

Lugar

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

de balde É necesaria reserva.

Organizadas pola rede de investigación Frailnet

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Vicente Romo, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; José Carlos Millán, coordinador da rede Frailnet, e José María Cancela, presidente do comité organizador

O salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle as xornadas Actividade física e fraxilidade, que organiza a Rede Galega de Investigación en Fraxilidade, Frailnet. Inserida nas actividades desta rede, que integran cinco grupos de investigación das tres universidades galegas, as xornadas coordinadas polo investigador principal do grupo HealthyFit da Universidade de Vigo, José María Cancela, estarán centradas nos efectos da actividade física na poboación maior considerada fráxil, aquela cun maior risco de sufrir un deterioro físico ou cognitivo. 

Tralo acto inaugural, as xornadas abriranse coa conferencia Exercicio físico e fraxilidade cognitiva, a cargo do investigador da Universidade do Porto Jorge Mota.

Programa das xornadas Actividade física e fraxilidade

Anótao en:

Add to Calendar 2018-09-28 09:30:30 2018-09-28 09:30:30 Xornadas 'Actividade física e fraxilidade' Organizadas pola rede de investigación Frailnet Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Rede Galega de Investigación en Fraxilidade Europe/Madrid public