Xornadas 'Comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres'

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

24 de outubro de 2019
De 9:00 a 18:45

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos de CCSS e da Comunicación

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle as xornadas Comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres, dirixidas a dar a coñecer a importancia do audiovisual e dos medios de comunicación nos procesos de socialización e transmisión de valores, analizar as dinámicas a través das que se constrúe o sexismo e pór sobre a mesa respostas profesionais que contribúan a garantir a protección dos dereitos das mulleres.

Organizada pola Unidade de Igualdade da Universidade e a organización Enclave Feminista e financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, estas xornadas reúnen diferentes especialistas e profesionais do xornalismo e o audiovisual. Entre as e os conferenciantes figuran a escritora e crítica de cine e televisión Pilar Aguilar; o xornalista e escritor José María Calleja; a xornalista e responsable do Observatorio de la Imagen de las Mujeres, María Jesús Ortiz, ou a ex-secretaria de Estado de Igualdade Laura Seara.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-10-24 09:00:00 2019-10-24 18:45:00 Xornadas 'Comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres' No salón de actos de CCSS e da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo Europe/Madrid public