Xornadas 'A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

19 de novembro de 2018
De 9:30 a 20:00 20 de novembro de 2018
De 9:00 a 20:15

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerrreitoría de Responsabilidade Social e Igualdade e Cooperación

Lugar

Edificio Miralles

Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Organizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Cooperación e Internacionalización

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Cooperación e Internacionalización e Silvia Longueira, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e representante da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, Rgcud.

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación organiza na sala  1 do edificio Miralles as Xornadas A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030 no marco do traballo da Rede Galega de Cooperación ao Desenvolvemento, conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.

Dirixidas a persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, estudantes así como a traballadores e traballadoras de entidades sociais que teñan un interese especial na cooperación universitaria ao desenvolvemento, estas xornadas serán a oportunidade de achegarse a este fenómeno a través do diálogo entre os principais actores da cooperación co obxectivo de crear un espazo de reflexión en torno á Axenda 2030.

Anótao en:

Add to Calendar 2018-11-19 09:30:00 2018-11-19 20:00:00 Xornadas 'A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030' Organizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Cooperación e Internacionalización Edificio Miralles Vicerrreitoría de Responsabilidade Social Igualdade e Cooperación Europe/Madrid public