Xornadas 'Didácticas das artes na Galicia de hoxe: crear para ensinar'
Data de celebración:
23 de setembro de 2022 ás 17:00 24 de setembro de 2022 ás 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de Vigo , Universidade da Coruña , Universidade de Santiago de Compostela , Real Academia Galega de Belas Artes , Conservatorio Superior de Música de Vigo e Conservatorio Superior de Música de A CoruñaLugar
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
No marco das III Xornadas Interaccións Artísticas en Galicia, que as tres universidades galegas promoven, ao abeiro dun convenio de colaboración, xunto coa Real Academia Galega de Belas Artes e os conservatorios superiores de música de Vigo e A Coruña, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle unhas xornadas sobre didáctica das artes.
Coordinadas polas profesoras Begoña Paz e Iciar Ezquieta, as xornadas Didácticas das artes na Galicia de hoxe: crear para ensinar reúnen no seu programa unha serie de conferencias e obradoiros sobre diferentes expresións artísticas e as súas posibilidades didácticas.
As xornadas contan con inscrición gratuíta, ata cubrir as súas 50 prazas, que pode formalizarse a través deste enlace.