Xornadas 'Elas fan CienTec 2020'

  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Obradoiros

Data de celebración:

11 de febreiro
De 9:30 a 13:30

Dirixido a

Medios e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Obradoiros

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Cinbio, na Ecimat e nas tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo

Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Universidade de Vigo acolle as Xornadas Elas fan CienTec, organizadas por un grupo de docentes e investigadoras coa colaboración das unidades de Igualdade e de Cultura Científica e da Innovación, co obxectivo de darlle visibilidade ao traballo das científicas e crear roles femininos no eido da ciencia e a enxeñaría. 

Os obradoiros, dirixidos a rapazas e rapaces de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelatato, celebraranse ao longo de toda a mañá no Cinbio; nas escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñería Industrial e Enxeñaría de Minas e da Enerxía, e na Ecimat.

No Cinbio e nas tres escolas de enxeñaría, as actividades iniciaranse cun pequeno acto de benvida. Na EE de Telecomunicación contarase coa participación neste acto da directora da Unidade de Igualdade Águeda Gómez; na EE Industrial, da vicerreitora de Relacións Institucionais e Comunicación, Mónica Valderrama, na EE de Minas e da Enerxía, da vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini. No  Cinbio, o acto de benvida celebrarase no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais e contará coa participación da vicerreitora de Investigación, Belén Rubio.

 

Máis información

Noticia no Duvi sobre as xornadas

Anótao en:

Add to Calendar 2020-02-11 09:30:00 2020-02-11 13:30:00 Xornadas 'Elas fan CienTec 2020' No Cinbio, na Ecimat e nas tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Universidade de Vigo Europe/Madrid public

Documentación

Programa completo847.63 KB