Xornadas de Portas Abertas Pontevedra 2019
Data de celebración:
19 de xuño de 2019 ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialCon visitas guiadas polos centros do campus
Charlas, talleres, visitas guiadas, exhibicións, obradoiros… A Universidade de Vigo celebra do 18 ao 20 de xuño unha gran Xornada de Portas Abertas, XOU, tres días nos que a institución convida ao alumnado de ensino medio e ás súas familias a achegarse aos campus e coñecer máis de preto as diferentes escolas e facultades e a vida universitaria.
No caso do campus de Pontevedra, o mércores 19, está previsto a realización de toda unha serie de visitas guiadas polos centros cun horario programado de maneira que non se produzan simultaneamente. Arrancarán ás 10.00 h en Ciencias da Educación e do Deporte; ás 10.45 h en Ciencias Sociais e da Comunicación, onde se prevé o visionado de anuncios publicitarios e curtas realizados polo propio alumnado do centro e que foron premiados en diferentes certames; ás 11.30 h Fisioterapia, ás 12.15 h Enxeñaría Forestal, ás 13.00 h Belas Artes e as 13.30 h Enfermaría.
É necesaria reserva para grupos de máis de 15 persoas: Formulario XOU Pontevedra
Máis información
Noticia no Duvi sobre as Xornadas de Portas Abertas, XOU