XVIII Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas
Data de celebración:
12 de xuño de 2024 ás 9:00 13 de xuño de 2024 ás 9:00 14 de xuño de 2024 ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UVigo e o proxecto de investigación FakeLocalLugar
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Consultar.Modalidade
PresencialEdificio de Ferro e Centro Cultural Marcos Valcárcel
O campus de Ourense acolle os días 12, 13 e 14 de xuño a celebración do XVIII Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas. A cita está organizada pola Asociación de Investigadores en Relaciones Públicas (AIRP), o Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UVigo e o proxecto de investigación FakeLocal: Mapa da Desinformación nas Comunidades Autónomas e Entidades Locais de España e o seu Ecosistema Dixital, contando co apoio, entre outras entidades, da Facultade de Educación e Traballo Social onde se celebra o evento. O mércores e xoves a programación ten lugar no Edificio de Ferro do campus e o venres no Centro Cultural Marcos Valcárcel.