XXIX Semana de Cine Submarino

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

20 de novembro ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz, 13
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Teatro Afundación

A primeira xornada da XXIX edición da Semana de Cine Submarino comprende a proxección de tres documentais. O primeiro deles é O Retorno, dirixido por Jorge J. Candán, a quen se lle dedica esta edición do ciclo. Trátase dun documental que centra a súa narración na necesidade de conservación do planeta dende un punto de vista futurista. De seguido, proxectarase Guerreiros dos océanos, produción asinada por National Geographic, que conta o traballo de Nat Geo Wild para salvar especies en perigo crítico de extinción. Un traballo obra da recoñecida bióloga mariña Silvya Earle, unha das voces máis cualificadas que, xunto ao seu compañeiro Enric Sala, alertan da terríbel situación dos fondos mariños sen perder o optimismo e amosando solucións realistas e alcanzables. A última cinta do día, Salvemos o noso Mediterráneo, o primeiro documental de National Geographic producido e realizado en España. Advirte de que hai máis de 134 especies contaminadas pola inxesta de micro plásticos. O obxectivo do biólogo é concienciar e informar de que aínda se está a tempo para reverter esta situación. 

Este primeiro día a Semana de Cine Submarino contará como invitado co investigador Anxo Mena, e tamén con Jorge J. Candán, ao que o ciclo fará un acto de recoñecemento. 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-11-20 20:00:00 2019-11-20 20:00:00 XXIX Semana de Cine Submarino No Teatro Afundación Teatro Afundación Vicerreitoría de Captación de Alumnado Estudantes e Extensión Universitaria Europe/Madrid public