XXIX Semana de Cine Submarino

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

22 de novembro ás 20:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz, 13
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Teatro Afundación

A derradeira xornada da XXIX edición da Semana de Cine Submarino comprende a proxección de dous documentais. O primeiro deles, Mar, a última fronteira: Azores I, vén de novo da man de Nuno Sá. Trátase dunha cinta que ten como punto de inicio as illas Azores dende onde o equipo de mergullo descende a mil metros de profundidade a bordo dun submarino capaz de resistir presións extremas. De seguido, proxéctase O caso do rei, dirixido por David Álvarez e Jorge Chachero. O documental, feito grazas ao micro financiamento colectivo, céntrase no salmón ao longo do seu ciclo de vida dende un punto de vista histórico para contar o seu reinado dende a prehistoria ata os nosos días aínda que hoxe sobreviven en menos dunha terceira parte dos ríos que ocuparon no pasado. O invitado deste día será o seu director, David Álvarez, biólogo e profesor de Zooloxía na Universidad de Oviedo. 

 

Anótao en:

Add to Calendar 2019-11-22 20:00:00 2019-11-22 20:00:00 XXIX Semana de Cine Submarino No Teatro Afundación Teatro Afundación Vicerreitoría de Captación de Alumnado e Estudantes e Extensión Universitaria Europe/Madrid public