DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na fase galega da Olimpíada de Xeoloxía que se celebra na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

150 estudantes da provincia de Pontevedra miden os seus coñecementos xeolóxicos 

As tres persoas que acaden os mellores resultados acudirán á fase española en Cáceres

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Visitas
  • Estudantes
DUVI 13/02/2019

Procedentes de 11 centros da provincia de Pontevedra, 150 estudantes de 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato participan hoxe na décima edición da fase galega da Olimpíada de Xeoloxía, que se celebra na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Organizada pola Sociedad Geológica Española e a Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, a Olimpíada de Xeoloxía bate este ano na provincia de Pontevedra un récord de participación con 150 estudantes, chegados dos institutos San Paio, ROU, Ribeira do Louro, Primeiro de Marzo, Teis, A Basella, Pedra da Auga, Mariña Soliño, Castelao, Paralaia e Beade. De entre todas e todos os participantes, os tres que obteñan os mellores resultados na probas prácticas e teóricas quedarán clasificados para a fase española da Olimpíada, que se celebrará en Cáceres o 6 de abril.

A directora da Escola de Enxeñaría de Minas de Enerxía, implicada nesta actividade desde hai 11 anos, foi a encargada de recibir ao alumnado que participa la Olimpíada, salientou que “actividades coma esta axudan a fomentar o interese polos estudos e contidos relacionados coas ciencias da terra e contribúen a xerar vocacións científicas e tecnolóxicas entre o estudantado que participa nestas probas”, dixo Elena Alonso, que estivo acompañada na benvida ao estudantado pola delegada en Galicia da Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, Alicia López.

Unha novidosa xincana xeolóxíca para comezar a xornada

A xornada comezou cunha “xincana xeolóxica” polo campus, unha proba práctica que se celebrou este ano por primeira vez. Tras a proba teórica, que se celebra a primeira hora da tarde, o alumnado poderá participar en catro actividades organizadas pola Escola: Intervindo microscopicamente a arte urbana; Arte, minerais e falsificación; Realidade aumentada e Paleontoloxía 3D. A xornada rematar coa publicación de resultados e a entrega de premios.