DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As e os asistentes puideron coñecer as instalacións e titulacións que se imparten no centro

60 persoas descobren a EET na primeira xornada de portas abertas celebrada a nivel nacional 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 03/03/2023

Preto de 60 persoas, maioritariamente estudantes, algúns acompañados polas súas familia e outros por docentes, participaron este xoves na EET da UVigo na primeira xornada de portas abertas conxunta celebrada polas escolas de enxeñaría de telecomunicación de España. A sesión comezou cunha conexión en liña na que os e as participantes na xornada das 18 escolas implicadas asistiron a unha conferencia do enxeñeiro de telecomunicación, docente e youtuber, fundador da web Unicoos, David Calle, e outra do director da Oficina Científica de Navegación por Satélite da Axencia Espacial Europea, Javier Ventura. A xornada continuou na EET da UVigo cunha visita ás instalacións e laboratorios do centro, nos que as es os asistentes puideron experimentar, da man dun equipo de docentes e investigadores e investigadoras da escola, a potencialidade das tecnoloxías nos laboratorios de 5G, cámaras anecóicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas, drons e satélites.  

“Esta era a primeira vez que se facía unha xornada de portas abertas a nivel nacional e aínda que recibimos a institutos do noso centro de xeito habitual, esta ocasión era especial”, explica Rebeca Díaz, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, que asegura esta “moi satisfeita coa acollida que tivemos, cun alumnado moi participativo, con gañas de coñecer e experimentar nas nosas instalacións, así como de coñecer a potencialidade dos estudos que ofertamos”.