DUVI

Diario da Universidade de Vigo

PARA. ELA foi elaborada con fins pedagóxicos e representada por alumnado da ESAD

O acoso e a violencia no Vidal Bolaño na procura dun debate sobre a realidade social

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Teatro
  • Cultura
DUVI 26/04/2019

O Teatro Roberto Vidal Bolaño acolleu, onte xoves a representación de  PARA. ELA, a cuarta obra da  XXI Mostra Internacional de Teatro Universitario. Trátase dunha obra elaborada con fins pedagóxicos e representada por alumnado da Escola de Arte Dramático Superior de Galicia (ESAD). PARA. ELA é unha peza que versa sobre o acoso e a violencia, noutra sociedade e con outra educación, que busca xerar debate sobre a realidade actual facendo partícipe ás e aos espectadores e invitándoos a reflexionar dende múltiples perspectivas. 

A obra da docente María Francelina está baseada nos textos En estado de espera de Santy Portela; Fedra, versión de Paco Portela; Fedra de Eurípides; El alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca; Para de Samuel Kiró e Dear Dad de Care Norway.

En maio chega a Miteu máis internacional

A cara máis internacional da Miteu chega ao campus de Vigo o día 8 de maio, as 18.30 horas no Teatro Roberto Vidal Bolaño, coa representación da obra Papá está en la Atlántida, a cargo da compañía mexicana Los Pinches Chamacos. Dirixida por Esteban Castellanos, é unha historia de orfandade, de amor, loita e solidariedade entre dous irmáns que emprenden unha viaxe para buscar ao seu pai nos Estados Unidos.