DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No marco do seu ciclo divulgativo Foro Aero

Aeroespacial acolleu unha conferencia sobre como a tecnoloxía pode axudar a salvar vidas

Foi ofrecida por Isaac Ballesteros, de Centum Research & Technology

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • TIC
  • Académica
DUVI Ourense 08/02/2023

Cada cuadrimestre, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense organiza un ciclo de conferencias divulgativas que teñen como obxectivo achegar ao seu alumnado e profesorado, pero tamén ao público xeral interesado, cuestións de interese para a súa formación, como o traballo que realizan empresas do sector ou institucións relacionadas con el. Este martes, o centro arrancou a programación 2023 deste foro e fíxoo coa conferencia Como a tecnoloxía pode axudar a salvar vidas. Foi presentada por Humberto Michinel, director desta Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, e ofrecida por Isaac Ballesteros, director de Tecnoloxía en Centum Research & Technology. O público asistente puido coñecer o labor que desenvolve esta empresa, parte do grupo Centum e fundada en 2010 e cuxa actividade se centra no deseño, desenvolvemento e comercialización de sistemas aeronáuticos de misión nos ámbitos de emerxencias, seguridade, defensa e aeroespacial.