DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha conferencia virtual celebrada no marco do Foro Aero

Alumnado de Aaeroespacial afonda nas saídas profesionais da súa titulación

Estivo a cargo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • TIC
  • Académica
DUVI Ourense 06/11/2020

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense continúa coa celebración do seu Foro Aero, ciclo de conferencias que permite ao seu alumnado e profesorado escoitar a profesionais de diversos sectores para afondar na actividade aeroespacial desde diferentes perspectivas. Este xoves pola tarde celebrouse a través do Campus Remoto da UVigo unha das súas sesións na que Santiago Carmona, secretario xeral do Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España, e Luis Iglesias, vogal da mesma entidade, falaron ao alumnado das saídas profesionais que teñen en enxeñaría aeronáutica. En España, lembraron os relatores durante a súa intervención, a profesión de enxeñeiro aeronáutico é unha profesión regulada e para exercela é necesario  pertencer ao Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España, corporación de dereito público que ten entre os seus cometidos defender e axudar ao desenvolvemento da profesión dos enxeñeiros aeronáuticos e promover o sector aeronáutico. Durante a conferencia, as e os asistentes puideron coñecer en detalle o traballo deste órgano e as principais saídas profesionais do sector para o que se está formando o alumnado Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo de Ourense.