DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nun coloquio con antigos deputados na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

O alumnado achégase á historia e funcionamento do Parlamento de Galicia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Democracia
  • Estudantado
  • Académica
DUVI Pontevedra 17/10/2022

Co propósito de dar a coñecer entre o alumnado universitario o traballo que se desenvolve na cámara autonómica, o Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as promove unha serie de coloquios divulgativos, coa participación de antigos membros da cámara, como o que este luns tivo lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Xunto cun vídeo explicativo das funcións e o modo de funcionamento do órgano lexislativo, o alumnado puido compartir coloquio nesta xornada coa ex-deputada do Partido Popular entre 2005 e 2020 Marta Rodríguez Arias, co que fora deputado polo PSdeG-PSOE na segunda lexislatura, entre 1985 e 1989, e tamén profesor da facultade, Xulio Pardellas, e co ex-deputado do BNG Francisco Trigo, que formou parte da cámara autonómica entre 1989 e 2005. Ainda que aberta ao público, a actividade inseriuse nos contidos da materia Comunicación de crise, do Grao en Publicidade e Relacións, e foi conducida polo seu docente, Iván Puentes, que destacou o interese para o alumnado dunha iniciativa que permite “ver como se viven día a día, desde dentro, situacións de comunicación de crise coas que tiveron que lidar case que diariamente”.