DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nun coloquio na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

O alumnado do campus infórmase das convocatorias da Dirección Xeral de Xuventude

Os programas ‘Iniciativa Xove’ e Galeuropa’`centraron a actividade

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Asociacións de Estudantes
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 19/02/2020

Dar a coñecer as diferentes convocatorias impulsadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia entre o alumnado era o obxectivo central do coloquio a representante da Rede Galega de Dinamización Xuvenil Sonia Sánchez compartiu co alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Promovido pola Delegación de Estudantes, esta actividade estivo centrada nas novas convocatorias dos programas Iniciativa Xove e Galeuropa. O primeiro está dirixido a subvencionar, con ata 5000 euros, diferentes proxectos “liderados por grupos de mozos e mozas”, e vinculados a unha serie de “áreas prioritarias amplas”, explicou Sánchez, que incidiu tamén neste coloquio, en que, ademais de información, desde a Rede Galega de Dinamización Xuvenil, “tamén lles asesoramos cos proxectos ao longo do seu percorrido”. No caso de Galeuropa, que conta co financiamento do Fondo Social Europeo, trátase dunha convocatoria dirixida a sufragar a realización de prácticas en empresas doutros países da Unión Europea, á que poden acollerse tanto mozos e mozas de forma individual como asociacións e entidades. 

Tralo coloquio deste mércores, Sánchez retornará o venres ao campus pontevedrés, para informar destas convocatorias ao alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.