DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nun faladoiro celebrado este luns pola tarde

Alumnado de Educación e Traballo Social achégase ao VIH e á saúde sexual

Coa participación de entidades e profesionais que traballan nestes eidos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Charlas e seminarios
  • Saúde
  • Académica
DUVI Ourense 25/02/2025

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense celebrou este luns pola tarde un faladoiro sobre VIH e saúde sexual. Nel participaron Raquel Barcala, de Comité Antisida de Ourense; Pablo Barrio, de Apoyo Positivo Ourense; Carla Mendes, educadora social e pedagoga, e Alba Fernández, educadora social e sexóloga. A iniciativa enmárcase na liña de traballo deste centro de abrir as súas portas a entidades e profesionais da contorna que traballan en diferentes temas de interese en relación coa formación do seu alumnado, neste caso principalmente das titulacións de Educación Social e Traballo Social.

No acto, o estudantado e persoas interesadas que se achegaron tiveron a oportunidade de achegarse de primeira man o traballo que realiza cada unha das entidades que participaron e a realidade e necesidades dos colectivos que atenden. Ademais, as e os futuros profesionais que se forman na Facultade de Educación e Traballo Social puideron ademais coñecer de xeito específico o traballo que realizan dúas educadoras sociais en relación á temática do faladoiro, que foi o VIH e saúde sexual.