DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Foron recibidos polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome

Alumnado do Programa Universitario de Maiores visita o Concello de Ourense

No marco das súas actividades para coñecer as institucións da cidade e a provincia

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Ourense 05/04/2022

Este martes, estudantes do Programa Universitario de Maiores do campus visitaron o Concello de Ourense, sendo recibidos polo seu alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. A iniciativa forma parte das actividades deste programa para coñecer as principais institucións da cidade e da provincia e as actividades que desenvolven. O alcalde explicoulle ás e aos asistentes os proxectos estratéxicos que está a impulsar o goberno municipal na cidade en materia de infraestruturas, mobilidade, equipamentos e servizos, entre outros aspectos.