DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Sen apenas ringleiras pero cun goteo constante de pacientes

Arranca a vacinación nos campus

O proceso, aberto á poboación en xeral, continuará mañá martes nos mesmos lugares e horarios

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Saúde
  • Institucional
DUVI 13/09/2021

Sen apenas ringleiras, pero cun goteo constante de pacientes. Así arrancou a campaña de vacinación nos campus da Universidade de Vigo, unha campaña que, en principio, estaba destinada á comunidade universitaria pero que, finalmente, desde o Consellaría de Sanidade se decidiu abrir a todos os galegos e galegas maiores de 12 anos que, por un ou outro motivo, están aínda pendentes de vacinación.

Os lugares nos que se está a realizar a inmunización son: en Vigo, no Pavillón Universitario, de xeito ininterrompido de 09.00 a 20.00 horas; en Ourense, nunha carpa situada na entrada do Edificio de Ferro, de 09.00 a 21.00 horas e, no caso de Pontevedra, dada súa proximidade ao campus, a vacinación realízase no propio Pazo da Cultura (r/ Alexandre Bóveda, s/n), punto central de vacinación desta área sanitaria.

En Vigo estanse a achegar, sobre todo, universitarias e universitarios, algúns pendentes das dúas doses e outros que foron directamente para a recibir a segunda dose, mentres que no caso dos campus de Ourense e Pontevedra, de carácter máis céntrico, se rexistrou a participación de persoas de todas as idades. O único requisito é ir identificado e, no caso de ter a primeira dose posta noutra comunidade autónoma deberán levar a documentación que o certifique para poder documentalo e emitir o correspondente certificado de vacinación.

O proceso continuará mañá martes nos mesmos lugares e horarios.