DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A compañía Sarabela é a encargada de impartir a formación

As aulas de teatro do campus inician a súa actividade

O prazo para inscribirse aínda está aberto

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Ourense 17/10/2019

Este mércores pola tarde as aulas de teatro do campus de Ourense iniciaron a súa actividade cun acto de benvida no que se deron cita o arredor de medio centenar de persoas que este cuadrimestre se inscribiron nelas. A formación, que se enmarca na programación de obradoiros do campus de Ourense, corre a cargo un ano máis da compañía Sarabela, sendo Fernando Dacosta o seu director. En total son catro os niveis que se imparten. Así, está a aula Rosaura, aberta ás e aos que se inician nas artes escénicas; Cordelia, destinada ás e aos que xa teñen algo de experiencia, e Maricastaña, para as e os máis avanzados. A estes tres niveis engádeselle a Aula de Teatro Infantil Gepetto. Aínda co prazo de inscrición aberto, as e os participantes formaranse co aliciente de que actuarán nalgunha das principais mostras de teatro da cidade de Ourense ou incluso irán de xira por diferentes puntos da xeografía estatal, como é o caso do alumnado de Maricastaña.