DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Axudas aos universitarios que estudan fóra de Galicia

Educación achega 63000 euros

Etiquetas
  • Vigo
  • Estudantes
Mª del Carmen Echevarría DUVI 26/02/2008

63000 euros destinará a Consellería de Educación a axudas para os universitarios galegos que estudan fóra titulacións que non se imparten na comunidade. Ás axudas, convocadas no Diario Oficial de Galicia de onte, poden optar estudantes con residencia en Galicia que realizan estudos presenciais nunha titulación de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia, por non existiren eses estudos no Sistema Universitario Galego.

Condicións

Os solicitantes das axudas deberán estar matriculados, como mínimo, en 50 créditos, incluindo o proxecto fin de carreira. Os alumnos que inicien o 1º curso universitario deberán ter unha nota de acceso á universidade igual ou superior a 5,5 puntos. En canto os que xa estean cursando estudos deberán ter unha media no seu expediente igual ou superior a 1,5 e de 1,20 no caso de ensinanzas técnicas.
As axudas que non poderán superar os 3000 euros, son compatibles coas bolsas ao estudo convocaas polor MEC, facéndose a selección dos bolseiros en réxime de concorrencia competitiva, en función da media do expediente do alumno. A contía a percibir establecerase atendendo ao expediente, á area xeográfica na que se sitúa o centro de estudos e os ingresos familiares.