DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Begoña Crespo, medalla de prata no VII Trofeo Internacional de Orientación Pinares de Soria-5 Días de España

Obtivo o metal nunha das dúas probas de distancia media

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 16/07/2019

Arredor de 1500 corredores e corredoras, tanto nacionais como estranxeiros, participaron durante cinco días en terras sorianas na sétima edición do VII Trofeo Internacional de Orientación Pinares de Soria-5 Días de España. As probas transcorreron entre Covaleda, Molinos de Duero, Navaleno, Valonsadero e Vinuesa nunha cita que forma parte na Liga Española de Orientación e na que o equipo da Universidade de Vigo competiu nas probas de distancia longa, media e sprint. Segundo explica José Luis Armada, responsable da sección de Orientación da UVigo, “os trazadores das carreiras souberon combinar de xeito maxistral a dificultade técnica coa condición física nas transicións entre os puntos de control. Bosques espectaculares nos que o corredor podía desenvolver unha boa velocidade, afloramentos rochosos así como escaseza de elementos lineais esixían aos orientadores un alto nivel de concentración na lectura do mapa, no cal, as curvas de nivel e os rumbos sen erros, determinarían o éxito na finalización dos percorridos”. O mellor resultados para a Universidade de Vigo foi o de Begoña Crespo, que acadou o 8º posto nunha das probas de distancia longa e a medalla de prata nunha das dúas probas de distancia media. O resto do equipo, sinala Armada, “tivo unha actuación discreta dentro do alto nivel competitivo desta campionato internacional que o vindeiro ano se celebrará en Cuenca.