DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As bibliotecas amplían os seus horarios de cara aos exames

As aperturas especiais serán nas noites de luns a venres e nas fins de semana

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Estudantes
DUVI 30/11/2018

Dada a proximidade do período de exames, as bibliotecas universitarias amplían o seu horario ata o vindeiro 17 de xaneiro para facilitar ao alumnado a preparación e a organización do estudo. Así, durante as fins de semana e días festivos, o horario de apertura será de 08.00 h a 22.00 horas nas Bibliotecas Centrais dos campus de Ourense e Pontevedra, así como na da Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade). Este horario manterase durante as fins de semana comprendidas entre o sábado 24 de novembro e o domingo 16 de decembro, así como no festivo do 6 de decembro. No mes de xaneiro de 2019 as aperturas de fin de semana comezarán o sábado 5 e rematarán o domingo 13. Nestas mesmas datas, a Biblioteca Central do campus de Vigo permanecerá aberta de 09.00 h a 21.00 horas.

A maiores, de luns a venres ampliarase o horario ata as 03.00 horas, tanto na biblioteca da EEI en Torrecedeira como nas centrais de Ourense e Pontevedra. Estas aperturas nocturnas, que xa comezaron este luns, alongaranse ata o 21 de decembro agás o 6 de decembro e, retomaranse a partir do 7 de xaneiro ata o 17 do mesmo mes.