Dez artistas emerxentes, na súa maioría alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, uníronse para reflexionar sobre as inquedanzas da mente feminina na mostra Mulleres de onte e hoxe, que se inaugura este mércores ás 20.00 horas na Sala de Exposicións de Restauración. Son Bea Álvarez, Alba Blanco, Cora González, Iria Paz González, Jen Guinevere, Paloma Madox, Patricia Martínez, Carmen Pastoriza, Sabela Peinado e Raquel Xallas, que emiten variados discursos que emerxen do universo e da psique da muller, tomando como referencia a súa propia experiencia vital e a contorna na que acostuman convivir.
09/05/2012