En 2016 arrancaba un proxecto europeo, no que está involucrada a Universidade de Vigo, co obxectivo especializar a novos investigadores nunha área de coñecemento que será unha das tecnoloxías do futuro: as comunicacións cuánticas. Agora, cando esta iniciativa chega ao seu ecuador, impulsa na vila de Baiona a Secure Quantum Communications (SQC) School, unha xuntanza internacional na que participan preto dun cento de estudantes e de expertos de toda Europa. Marcos Curty, investigador do grupo Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e director do comité de organización, explica que esta é a primeira vez que se organiza este tipo de evento na Universidade de Vigo.
09/05/2018