Do 12 ao 28 de abril, os escenarios da cidade de Ourense volverán levantar o seu pano para acoller unha nova edición, a 23, da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A cita contará coa participación de 28 grupos, 15 deles aulas universitarias e os restantes de carácter profesional, procedentes de sete países. O humor, con nomes como Leo Bassi e Yllana; o compromiso social, con participación de grupos de Marrocos, Guinea Ecuatorial e Perú, e o achegamento a Portugal serán algúns dos eixos cemtrais deste certame. Unha edición máis o campus de Ourense terá un protagonismo destacado nesta programación coa actuación das súas aulas de teatro.
23/03/2018