Transferir resultados de investigación ao tecido industrial, fomentando e facilitando a chegada da I+D+i ao mercado a través do desenvolvemento conxunto de tecnoloxías, demostradores e probas de concepto, e outras actividades que, en xeral, faciliten a conexión das e dos investigadores coa industria e a aplicación práctica do seus resultados. Este é o grande obxectivo co que nace Cyprian, CYbersecurity, PRIvacy and Anonymity Lab , un laboratorio conxunto posto en marcha entre a Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, unha entidade que non terá sede física como tal pero que facilitará a realización conxunta de proxectos de investigación e teses de doutoramento, as tarefas de asesoramento, a interacción co tecido industrial e outras partes interesadas, as estancias cruzadas de persoal e a posibilidade de compartir equipamentos, entre outras cuestións.
19/03/2018