Nas horas previas ao seu regreso á Morgan Library e Museum de Nova York, o Pergamiño Vindel recibiu o adeus dunha ampla representación da sociedade viguesa e galega, que se deu cita esta tarde no Museo do Mar de Galicia, nun acto, no que o presidente da Xunta e o reitor da Universidade de Vigo foron os encargados de verbalizar a despedida á obra de Martin Codax, que os artistas Roi Casal e Uxía interpretaron coas súas voces e a súa música. Nas súas intervencións, tanto Núñez Feijóo, como Mato, coincidiron en asegurar que a marcha do Vindel, non se podía cualificar e despedida, “é un ata logo, estou convencido”, asegurou o presidente, mentres que o reitor convidou ás persoas presentes “a celebrar a continuidade deste mito da nosa historia”.
05/03/2018