Todos os nenos e nenas teñen dereito a xogar, independentemente da súa situación económica ou social da súa contorna familiar. Así o entende a iniciativa solidaria Cada neno, un xoguete, que organiza a Asociación Stop e Iniciativa Local cada Nadal, co obxectivo de recoller xogos e bonecos para distribuílos, despois, entre os cativos e cativas que se atopen nunha situación de precariedade, de modo que ninguén quede sen agasallo nestas datas. A Universidade de Vigo, por cuarto ano consecutivo, alíase con esta campaña poñendo a disposición da comunidade universitaria diferentes espazos de recollida nos campus de Pontevedra e Vigo. Grazas a estas disposicións na Universidade, no 2016 reuniuse máis de 300 xoguetes.
05/12/2017