200 representantes de universidades públicas e privadas de todo o Estado reúnense dende este mércores e ata o venres en Vigo nas 35ª Jornadas de Gerencia Universitaria, unha edición organizada pola Universidade de Vigo que se centra en analizar os retos na xestión das universidades e en perfilar estratexias de futuro, prestando especial atención á xestión dos recursos, a profesionalización da dirección, os restos da administración electrónica, as infraestruturas e o papel da investigación e a transferencia na relación coa sociedade. O acto inaugural estivo presidido polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa; o xerente da Universidade viguesa, Manuel Fernández Jáuregui e o xerente da Universitat de Lleida, Josep M. Sentís.
20/09/2017