Naceu no mundo da industria, concretamente nas fábricas de Toyota, como unha filosofía de xestión baseada na mellora continua e na eliminación de gastos superfluos (de tempo, de diñeiro, de espazo, de consumo enerxético...) durante a fabricación de produtos. Hoxe o Lean Manufacturing, baseado na premisa de que ‘todo pode facerse mellor’, está considerado como un dos métodos de xestión da produción máis estendidos e revolucionarios da historia. Conscientes desta realidade especialistas de cinco universidades europeas están a analizar como contribuír a que estas prácticas industriais se trasladen tamén á formación universitaria, e fano a través do proxecto europeo Lean and Agile Practices Linking Engineering Higher Education to Industry ), no que participa a Universidade de Vigo xunto con centros de Portugal, Reino Unido , Estonia e Grecia.
29/06/2017