“Máis partidario da imaxinación que da fantasía”, “home de escrita moi prolífica”, “un dos mellores narradores que teña dado a Galicia do século XX”, “unha mente sagaz que nunca rexeitou someterse ao xuízo dos seus contemporáneos”... Con estas e outras verbas lembra neste artigo o profesor e escritor Manuel Forcadela a Carlos Casares, ou autor elixido para celebrar o Día das Letras Galegas 2017.
A Universidade de Vigo súmase con este artigo aos actos de homenaxe que hoxe se espallan por todo o país en lembranza dun autor que, ademais do seu labor como creador literario, xogou un importante papel como colaborador xornalístico, docente, tradutor, axente cultural e representante político. O acto institucional de celebración desta data será o vindeiro martes 23, coincidindo coa entrega dos Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria 2017.
16/05/2017