Preto de 300 referencias a proxectos que vinculan o ámbito da moda e o deseño coas novas tecnoloxías reúnense na web do Design & Fashion Future Lab, unha base de datos impulsada polo grupo de investigación DX7, da Facultade de Belas Artes, no marco dun proxecto financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. “Trátase dunha ferramenta que nos identificabamos como moi necesaria, un portal no que agrupar todos aqueles proxectos que, a nivel internacional, se veñen achegando a esa liña de investigación entre deseño, moda e tecnoloxía, entendida da forma máis ampla posible”, salientou Lola Dopico, investigadora principal do grupo DX7, do portal que este luns presentou xunto á decana, Silvia García, na Casa das Campás e que reúne información e imaxes de preto de 300 proxectos vinculados tanto a investigacións académicas como ao traballo de deseñadores e firmas.
27/03/2017