Como “unha mostra da calidade dos proxectos presentados e do compromiso da nosa universidade e as nosas investigadoras e investigadores coa transferencias do coñecemento, a xeración de riqueza e o desenvolvemento de resultados de investigación con potencia de explotación comercial”, valora a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo, a selección de tres iniciativas da institución académica viguesa entre as sete elixidas na 2ª fase da primeira edición do Programa Ignicia. A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, Gain, e coa colaboración da Fundación Barrié, convocou este ano por primeira vez o Programa Ignicia, dirixido a universidades, centros de investigación e tecnolóxicos e fundacións hospitalarias, co obxectivo de avanzar nas etapas de maduración dos resultados de investigación para chegar a súa comercialización.
13/03/2017