Non foi ata a década de 1960 cando España acadou a condición de país turístico líder. Antes diso, tense identificado una etapa de despegue na década anterior e unha pouco coñecida fase previa, no primeiro terzo do século XX, na que se sentaron as bases para o desenvolvemento posterior deste sector, hoxe central, da economía estatal. Diversos especialistas identifican nesas tres primeiras décadas do século pasado unha etapa de fermento turístico, pero atópanse cunha dificultade á hora de analizala, a falta de cifras e estatísticas reais, xa que a información básica do sector comezou publicarse en 1929. A esa lagoa enfrontáronse o profesor Rafael Vallejo, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, e as docentes da Universidade da Coruña, Elvira Lindoso e Margarita Vilar, membros do grupo Turhisgal. O seu traballo recóllese nun artigo titulado Los antecedentes del turismo de masas en España. 1900-1936.
14/02/2017