A Asociación Española de Normalización y Certificación, AENOR, vén de confirmar a admisión do grupo de investigación Geotech da Universidade de Vigo no seu subcomité de Normalización AEN/CTN28/SC2 de Sistemas Aéreos non Tripulados (UAS), pertencente ao Comité de Normalización de Materiales Aeroespaciais. A universidade viguesa, a través dos docentes e investigadores Higinio González e Pedro Arias, convértese deste xeito na primeira institución galega integrada neste subcomité que definirá, entre outros requisitos aplicables aos sistemas aéreos non tripulados, a necesidade de incluír sistemas tipo sense&avoid que detectan e evitan obstáculos, a necesidade de incorporar paracaídas de seguridade, aplicación de normativa radioeléctrica, etc.
18/01/2017