O lixo mariño, en particular os residuos plásticos, supoñen unha seria ameaza global para os ecosistemas, tanto pola gran cantidade que chega aos mares e océanos como pola súa composición, xa que poden tardar ata 1000 anos en biodegradarse. Un dos xeitos de controlar e frear a chegadas deste lixo aos ecosistemas mariños é coñecer a orixe e o percorrido destes residuos, que é o obxectivo do proxecto Bewats (Beach Waste Tracking System), impulsado por investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias Matemáticas.
09/02/2021