No marco dun contexto de cambio climático, a humidade oceánica é cada vez máis importante nas precipitacións dos continentes, especialmente nas rexións tropicais. Esta é unha das principais conclusións dun traballo realizado por Luis Gimeno, Raquel Nieto e Rogert Sorí, investigadores do grupo Ephyslab (Environmental Physics Laboratory), do CIM-UVigo. O estudo foi publicado recentemente en Climate and Atmospheric Science, revista on-line e de acceso aberto publicada polo grupo Nature en colaboración co Center of Excellence for Climate Change Research.
29/07/2020