Este martes celebrouse, de xeito virtual debido á COVID-19, unha nova edición do Foro Aero, ciclo de conferencias divulgativas organizado pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Nela, Grzegorz Kawiecki, associate technical fellow de Boeing Research & Technology- Europe & Brazil, analizou as tendencias en aviación. A este debuxo de futuro desde un punto de vista técnico, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, e José Enrique Román, director xeral de Boeing Research & Technology - Europe & Brazil, sumaron a importancia do talento e da colaboración público-privada para o desenvolvemento do sector aeronáutico.
09/06/2020