A xestión dos datos, e máis concretamente dos datos referidos ás persoas falecidas e contaxiadas pola covid-19, ten sido froito de constante polémica ao longo da pandemia. Tendo en conta esta circunstancia, xurdiu a plataforma EsCovid19data, “un proxecto colaborativo de varias persoas voluntarias que tratan de recoller, organizar e publicar nun único lugar a información epidemiolóxica da covid-19 a nivel provincial”. Nela, o profesor da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense Daniel González encárgase de xestionar diariamente os datos referidos a Galicia.
17/06/2020