A trata con fins de explotación sexual como unha forma de violencia de xénero foi o tema central dunha xornada que este mércores acolleu o campus de Ourense organizada pola Fundación Amaranta Ourense. Nela salientouse a importancia de abordar a visibilización desta realidade tendo en conta que “falar de trata é falar da historia de mulleres que o patriarcado pon a disposición dos homes de maneira pública; é falar de historias atravesadas por violencia simbólica, psicolóxica, física, económica, sexual, institucional e sociocultural”, tal e como sinalou na súa presentación a psicóloga Lidia Álvarez.
27/11/2019