Identificar, ao longo da fronteira entre España e Portugal, unha serie de “zonas estratéxicas de xestión”, puntos nos que unha actuación preventiva permitiría reducir o risco e o impacto dos grandes incendios forestais, constituía un dos obxectivos centrais do proxecto Firepoctep, traballo que investigadoras e investigadores da Escola de Enxeñaría Forestal desenvolveron na comarca do Baixo Miño.
25/10/2022