O repositorio Investigo naceu en 2016 co obxectivo de reunir a produción científica da Universidade de Vigo nun espazo institucional de acceso aberto. Nel compílanse as teses, artigos de revistas, libros, comunicacións ou relatorios dos membros da comunidade universitaria que queren poñer a disposición do público o seu coñecemento. Tras estes catro primeiros anos, a plataforma da UVigo, Investigo, dá acubillo a máis de 1400 documentos científicos froito do traballo da comunidade investigadora da institución.
19/06/2020