En dez anos foron máis de 80 relatorios os que deron forma ao ciclo de conferencias Café con Sal, unha proposta pioneira de divulgación científica posta en marcha pola Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. A vindeira semana, o xoves 30, arrancará unha nova edición, unha moi especial, a décima, que volverá unir persoal investigador, estudantes e profesionais do sector do mar co fin de compartir coñecementos, xerar debates e novas ideas que sirvan de xermolo para posibles colaboracións. En total serán 14 ponencias ao longo do 2020, que terán lugar sempre ás 11.00 horas, cun formato concentrado de 40 minutos de duración, o xusto para unha pausa para o café, neste caso con sal.
23/01/2020