Completados os traballos de renovación dalgún dos seus elementos, a sala de exposicións do campus de Pontevedra retomará a súa actividade o vindeiro venres 15 de outubro. Mais xa non baixo a denominación de Sala X, senón como Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, en homenaxe a este artista e profesor da Facultade de Belas Artes, falecido en 2017.
07/10/2021