Co obxectivo de recuperar o teatro universitario en Pontevedra e dentro das actividades promovidas pola Vicerreitoría do campus e a Concellaría de Promoción Económica e Universidades ao abeiro dun convenio de colaboración, o pasado mes de novembro iniciaba a súa actividade a Aula de Teatro do campus.
O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo celebrou este venres, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, un encontro virtual no que fixeron balance do 2021 e avanzaron en novas propostas para este ano.
O Pacto Verde Europeo adoptado en 2019 representa “unha nova e ambiciosa estratexia de crecemento que pretende transformar a Unión Europea”. Co obxectivo de achegar esta estratexia de futuro ao alumnado universitario, a Facultade de Dereito acollerá do 18 de marzo ao 27 de maio o Módulo Jean Monnet: Pacto Verde Europeo.
Dende diferentes eidos do coñecemento, diferentes campus e diferentes etapas profesionais, catro mulleres investigadoras participaron este mércores nunha charla interxeracional enmarcada dentro das actividades organizadas pola Universidade de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller a Nena na Ciencia.
Con motivo do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais saca esta semana a relucir as biografías e os descubrimentos de dez mulleres que, “desafiando todo tipo de prexuízos”, dedicaron a súa vida ás matemáticas.
Tras o seu paso pola Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense e pola Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, a exposición Eu son UVigo! chega esta semana a Vigo.
Tras un 2021 metidos de cheo na celebración do seu centenario, a EU de Estudos Empresarias acaba de recibir unha das novas máis agardadas no centro: o Consello Galego de Universidades informou favorablemente sobre a súa transformación en Facultade de Comercio.
Unha entidade privada sen ánimo de lucro que orientará o seu labor a pór en valor proxectos, iniciativas e traxectorias que sirvan de referentes positivos en favor dos dereitos humanos, especialmente aqueles que apoien a colectivos vulnerables ou con maior dificultade de vertebración e defensa dos seus dereitos.
Baixo o título de Filosofía e Contrahexemonías, Pontevedra acollerá entre o 18 e o 22 de abril a 38 edición da Semana Galega de Filosofía que, un ano máis, contará coa colaboración da Universidade de Vigo.
A Persicaria capitata, coñecida como pexegueira de xardín, persicaria de xardín ou tapete inglés, é unha planta orixinaria da zona do Himalaia que foi introducida na península ibérica como unha especie ornamental. A Oficina de Medio Ambiente decidiu comezar por esa zona o proceso de retirada desta planta no campus de Vigo.
Coñecer o traballo das e os profesionais responsables da realización de fotografías durante a rodaxe dunha película ou dunha serie e que constituirán o primeiro material promocional da produción foi o obxectivo central do coloquio que o fotógrafo Jaime Olmedo impartiu este mércores na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Ao longo deste ano 2022, o persoal de administración e servizos das tres universidades públicas galegas poderá ampliar a súa formación e actualizar os seus coñecementos grazas aos 24 cursos que convocará a Xunta de Galicia, a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Os tres reitores das universidades galegas e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asinaron este martes un acordo de colaboración co que se facilita o recoñecemento de materias ao alumnado que acceda á universidade desde os ciclos superiores de FP.
O Consello Galego de Universidades informou, na súa sesión plenaria deste martes, favorablemente a proposta de creación da nova Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense.
A provincia de Ourense xa está a vivir a festa do Entroido e desde este luns, o campus de Ourense únese a esta celebración dun xeito particular. O seu espazo de arte, a Sala Alterarte, acolle a exposición Ser son, da artista Mónica Mura.