Entre a nova oferta educativa prevista para o vindeiro curso académico 2022/23 na Universidade de Vigo está o Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento.
A terceira ruta cultural deste curso académico celebrarase o sábado 20 de novembro e consistirá nun percorrido circular pola Illa de Arousa, na provincia de Pontevedra. Hai 80 prazas dispoñibles para os tres campus da institución académica.
56 persoas procedentes dos tres campus da Universidade de Vigo participaron este sábado 6 novembro na segunda ruta cultural organizada este curso académico pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Desde principios de outubro e ata finais de novembro, alumnado de grao e doutoramento da Facultade de Ciencias do campus de Ourense asiste ao curso Experiencias prácticas para a valorización da biomasa.
O sábado 6 novembro a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo celebrará a segunda ruta cultural deste curso académico. A andaina transcorrerán polas fragas do río Barragán, en Pazos de Borbén (Pontevedra).
Este xoves, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu un obradoiro que tivo como obxectivo achegarse ao estado actual da utilización dos medios electrónicos nas sociedades de capital, aos seus problemas e paradoxos.
Un curso académico máis a Facultade de Dereito volverá a acoller a celebración do seu Curso de Actualización Xurídica. A iniciativa, que cumpre a súa cuarta edición, contará con oito conferencias
A emigración galega a Arxentina protagoniza un destacado capítulo na historia dos últimos séculos de Galicia. Ela foi a protagonista este mércores na Facultade de Historia dunha conferencia ofrecida por Ruy Farías.
Co obxectivo de contribuír a esa relectura da historia desde unha perspectiva de xénero, a Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns a celebración da IV Xornada Olladas á antigüidade: maternidade e infancia.
O vindeiro 27 de outubro celebrarase de xeito virtual a terceira edición das xornadas de Control de xestión desde unha perspectiva de xénero, co-organizadas pola Universidade de Vigo e AICOGestión.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo iniciou este xoves pola tarde a programación deste curso académico do seu ciclo de conferencias divultagivas Foro Aero. Foi cunha conferencia de Jorge Potti.
O ciclo de charlas divulgativas Conversas, do programa de mentorización Meta, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, arranca a súa programación deste curso académico.
A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo arrancou este martes a súa programación de actividades deste curso académico cunha conferencia titulada Aceites Abril: a organización dunha empresa familiar.
As rutas culturais da Universidade de Vigo arrancaron estes sábado a súa programación do curso 2021/2022 cunha andaina polos muíños do río Loña, no Concello de Pereiro de Aguiar.
As rutas culturais da Universidade de Vigo arrancan a súa programación do curso 2021/2022 este sábado 16 de outubro cunha andaina polos muíños do río Loña, no Concello de Pereiro de Aguiar.