Desde hai 18 anos, o Departamento de Economía Financeira e Contabilidade organiza no campus de Vigo un curso de introdución á bolsa que conta cunha grande aceptación. Seguindo a súa estela, do 7 ao 16 de abril, terá lugar o I Curso de Análise e Seguimento de Valores Bolsistas, que aínda que se desenvolverá de xeito on-line está especialmente dirixido aos membros da comunidade universitaria do campus de Ourense, onde se agarda que se converta en presencial en vindeiras edicións. O obxectivo é “potenciar tamén neste campus a formación e incrementar a cultura financeira no investimento de valores de renda variable (Ibex35, Euro Stoxx 50, Dow Jones 30, S&P 500 e resto de mercados financeiros)”.
17/03/2021